Valoración de risco

1 comentarios comentarios

Valoración de risco

.

É aconsellable a utilización dun instrumento validado que permita comprobar o estado da pel e monitorar a súa evolución. Preferentemente, están recomendadas a escala EVE, PAT e a sub-escala de Humidade da escala de Braden.

Valorar todos os procesos que poidan orixinar un exceso de humidade na pel: incontinencia, sudoración profusa, drenaxes, exudados de feridas, febre.

  
  • Escala Visual do Eritema (EVE): deseñada por Fader a partir da escala da dermatite de contacto de Quinn 24. Consiste nunha escala numérica de 0 a 4, que determina ata cinco graos colorimétricos de valoración do eritema.
  • Escala Iconográfica da Dermatite do Cueiro por Humidade (DPH): deseñada por Palomar, a partir da escala EVE. Consiste nunha escala visual que valora a cor do eritema e o grao de afectación da pel. Esta escala clasifica a severidade da lesión por humidade en 6 tipos.

  • Escala de Medida da Lesión Perineal (PAT, Perineal Assessment Tool): desenvolvida orixinalmente por Nix26, e adaptada polo GNEAUPP. É unha escala que consta de 4 ítems ou factores que valoran o risco de lesión cutánea por incontinencia na zona perineal.

 

  • Escala Gradual da Dermatite Perineal (Perineal Dermatitis Grading Scale): creada por Brown e Sears. É unha escala de 4 ítems que valoran o alcance e a severidade da dermatite asociada a incontinencia (DAI), e os cambios neses factores como consecuencia das intervencións de enfermería.

 

  • Escala da Dermatite Asociada a Incontinencia (IAD, Incontinence Associated Dermatitis Skin Condition Assessment Tool): desenvolvida por Kennedy e Lutz. Consta de tres ítems que avalían o grao de deterioración da pel debido á dermatite asociada a incontinencia.

 

  • Escala de Severidade de Lesións Cutáneas por Incontinencia (ESLCI): desenvolvida por Rueda J et al. É unha escala de 0 a 12 puntos (0= pel intacta sa, 12=pel danada gravemente), obtendo o sumatorio das puntuacións a través da avaliación de catro subapartados con valores entre 0 e 3 puntos.
  • Subescala de Humidade da Escala de Braden: A Escala de Braden é unha escala validada que se utiliza para a predición de risco de úlceras por presión; inclúe seis subescalas, das cales, unha está referida á humidade como factor de risco. Esta subescala consta de 4 ítems que valoran o nivel de exposición da pel á humidade.

 

Comentarios:
  • avatar Graziele Bi dixo:
    sábado, 3 de outubro 2020 ás 22:20

    Se desarrolló y validó una escala aquí en Brasil llamada "Escala para evaluar el uso de pañales y toallas sanitarias" que me gustaría compartir. ¿Como hago? Gracias y felicitaciones por el sitio.

     Gracias podremos compartirla en este mismo espacio. Puede dirigirla al correo de contacto que aparece en el portal en el espacio de contacto

Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde